Home

Breixo cocinando
Benvidos

Recreación Galaica

Somos unha asociación de recreación histórica con sede en Lugo. O noso principal obxectivo é reproducir a vida diaria dun pobo castrexo na Idade do Ferro e durante a romanización da Gallaecia. É por iso que optamos por centrarnos nos Namarini, un pobo asentado na Mariña Lucense durante este período.

A asociación comezou a traballar no 2008, fundada por persoas que participaron no Arde Lucus e querían implicarse máis na recreación histórica. Pouco a pouco fomos consolidándonos como un grupo recreativo que celebra eventos de diversa índole, dende festas recreativas ata pequenos días con actividades para museos ou outras entidades.

Acompáñanos

Actividades e Eventos

A asociación realiza todo tipo de actividades do día a día da cultura castrexa. Podes asistir ao seguinte desenvolvemento destas actividades a través da páxina de eventos.

Cerámica

Facemos cerámica arredor de pezas reais atopadas en diferentes puntos da xeografía galega

Tecido

Durante os eventos podes ver a tinguidura de varios tecidos, así como a fabricación deles a través de teares de pesos

Gastronomía

Cociñamos comida baseada nos alimentos que estaban presentes no noroeste peninsular na Idade do Ferro en base a estudos paleobotánicos

Forxa

Temos unha forxa onde forxamos pequenos utensilios da vida común, así como contas de vidro

Tallado

Tallamos a madeira con utensilios tradicionais para conseguir pequenos utensilios de madeira da vida cotiá

¿Cómo Traballamos?

Hai dous aspectos fundamentais do noso traballo: A investigación e preparación de actividades e participación en eventos para o público.

Os nosos socios investigan aspectos da vida castrexa, realizan talleres para aprender as técnicas ou habilidades necesarias e preparan todos os materiais para as actividades que ofrecemos.

Este duro traballo culmina coa participación en eventos, onde comunicamos os nosos resultados e amosamos ao público o que aprendemos co maior rigor histórico posible.

¿Qué podemos ofrecer?

Os nosos socios son a alma deste proxecto. As persoas que se unen á asociación reciben axuda e materiais para confeccionar a súa roupa, ademais de poder asistir a obradoiros onde poden
aprender varias habilidades como a confección de patróns e a costura, carpintería, cerámica, teceduría ...

En canto ás actividades para o público, ofrecemos unha selección adaptable ao espazo e tempo dispoñibles: desde a demostración de preparación e conservación de alimentos, fabricación e navegación en barcos feitos con ramas e pel de salgueiro, fabricación de perfumes, tinguidos de pigmentos natural, etc.